Participa na xinkana e descobre cómo convertir as tarefas do fogar nun xogo en equipo!
Continuando coas actividades organizadas grazas ás subvención obtida do departamento de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade, o ANPA Magnolia, en colaboración coa empresa IMAXINA, organiza unha XINKANA DE CORRESPONSABILIDADE FAMILIAR.
Esta divertida xinkana faráse no patio exterior o próximo MÉRCORES 20 DE NOVEMBRO ás 17h.
É unha actividade de balde e sen límite de aforo, polo que animamos a tódalas familias a que participedes.
Máis información acerca desta actividade
O obxectivo principal da xincana de corresponsabilidade e coeducación é ofrecer unha formación práctica e útil ás familias. Todo isto a través do xogo e do ocio, tanto de menores como de persoas adultas.
A xincana consiste nunha serie de probas que serán tarefas do fogar na que
as familias desempeñarán roles asignados tradicionalmente ao seu xénero ou ao
xénero contrario.
Ten como obxectivo a sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados a familias para promover a perspectiva de xénero e fomentar a corresponsabilidade no ámbito dos coidados.
Todo realizado nun ambiente lúdico onde tanto menores como adultos poidan xogar de forma cooperativa e intercambiar experiencias de crianza,
tecendo así sinerxías de axuda mutua, cooperación e interrelación entre as
persoas asistentes.