CHARLA SOBRE CORRESPONSABILIDADE E COEDUCACIÓN

Seguindo coas actividades vencellantes á subvención recibida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, o vindeiro xoves 28 de novembro, IMAXINA impartirá un obradoiro sobre coeducación para familias de nenas e nenos do segundo ciclo de educación infantil. Levarase a cabo en horario de 17:00 a 18:30 na aula 8 da escola.

Lembrade que son actividades de balde, non hai límite de aforo, pero agradecemos enviades un mail a anpamagnoliavilalaura@gmail.com se ides asistir para ter unha previsión dos participantes.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *