Únete á ANPA Magnolia para o curso 2025-2026!

Queridas familias,

Un ano máis, chegamos ao momento de facerse socio ou renovar a vosa adhesión á ANPA Magnolia para o curso 2025-2026!

Como ben sabedes, a nosa ANPA funciona grazas ás cotas dos socios, e todo o traballo que realizamos está dedicado integramente aos nosos fillos e fillas. Grazas á vosa colaboración, podemos seguir ofrecendo e xestionando servizos tan importantes como:

  • Aula Matinal
  • Actividades extraescolares
  • Coidadora post-comedor
  • Colaboración coa Horta Escola

Ademais, organizamos e participamos activamente en celebracións e eventos que fan do noso colexio un lugar máis divertido e acolledor:

  • Magosto
  • Reis Magos
  • Entroido
  • Excursións
  • Festas varias

Por que é tan importante facerse socio?

Ao facervos socios, non só axudades a manter e mellorar estes servizos, senón que tamén contribuídes a crear un ambiente escolar máis dinámico e enriquecedor para todos. A vosa participación é fundamental para que o noso cole siga medrando!

Ademais, ao facervos socios, teredes descontos e vantaxes en moitas das empresas colaboradoras coa ANPA. Un pequeno beneficio para agradecer o voso apoio!


Queres botar unha man?

Tamén queremos aproveitar para animarvos a colaborar de forma voluntaria se tedes tempo e ganas. Pequenas axudas de moitos fan posibles grandes proxectos! Podedes unírvos en tarefas como:

  • Ambientación do colexio para celebracións como o Samaín ou o Nadal.
  • Voluntariado para a organización do pasarúas do Entroido ou as festas no patio.
  • Achegar suxestións e ideas para novas actividades que beneficien aos nosos peques.

Como facerse socio ou renovar?

É moi sinxelo! Só precisades:

  1. Cubrir o formulario no seguinte enlace: [ENLACE AO FORMULARIO]
  2. Realizar o pago da cota de 25€ por familia. É importante que no concepto poñades os apelidos do neno/a para facilitar a xestión.

Non o penses máis e únete á ANPA Magnolia! Xuntos faremos un cole mellor para os nosos peques.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

A Directiva da ANPA Magnolia