Un novo curso comeza

Como xa comunicamos, polo momento non podemos ofrecer servizos como matinal e extraescolares.


Para extremar precaucións queremos comunicar tamén que este ano non estaremos no local da anpa, tódalas dúbidas podedes envialas a través do formulario de contacto da  web ou directamente ao noso email anpamagnoliavilalaura@gmail.com e vos responderemos encantados.


Despois da Asamblea Xeral de Socios de principio de curso publicaremos o formulario de alta de socios e toda a información de pasos a seguir porque este ano todo se fará telemáticamente.


Nuns días publicaremos o día e a hora en que se celebrará esta asamblea á que sería importante que asistirades tendo en conta a situación.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará