Mensaxe de AMIGOS DA TERRA

Coñecedes o proxecto de horta ecolóxica do voso centro escolar? En Amigos da Terra, entidade que está apoiar a Rede de Eco Hortas Escolares na que participa a escola, estamos seguras do potencial deste recurso educativo. As hortas escolares son un lugar de traballo, investigación e participación que permite aos nenos e nenas o contacto coa terra, achegarse ao cultivo de alimentos saudables, á nosa tradición rural. Todo elo cultivando neles o respecto e o coidado da natureza.

Neste curso escolar queremos convidar ás familias de todos os centros integrados a que vos acheguedes ao grupo de familias voluntarias da horta do voso centro escolar. A través deste grupo poderedes colaborar de moi diversos xeitos, adaptados á dispoñibilidade de cada persoa. Planificando que alimentos plantar, conseguindo materiais, deseñando novos espazos de cultivo ou botando unha man nas tarefas de mantemento. Ademais, estamos seguras de que moitos/as de vós, que tedes experiencia previa na horta,  podedes ser de grande axuda para o proxecto!

De igual xeito, para seguir fortalecendo a horta dos coles e a vosa participación na mesma, este curso realizaremos cos grupos de familias 3 talleres prácticos presenciais de 2 horas cada un:

-1º trimestre: Taller de deseño e planificación da horta

-2º trimestre: Compostaxe escolar

-3º trimestre: Creación dun banco de sementes locais

O primeiro taller está pensado para a segunda quincena de outubro e vos animamos tanto a apuntarvos como a difundilo entre outras familias porque cremos que pode ser unha boa oportunidade de contar con apoio técnico e mellorar a vosa participación neste proxecto tan enriquecedor como é unha horta escolar.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará