Sentimos acabar o ano con esta nova pero tendo en conta a incidencia do COVID-19 nestes momentos e por precaución, a dirección do centro e o ANPA decidiron suspender as actividades extraescolares durante o mes de xaneiro. Estudarase a posibilidade de retomalas no mes de febreiro pero non podemos garantilo.
A actividade de natación, que depende do Concello, en principio parece que segue, pero tede en conta que os maiores de 12 anos e os acompañantes dos nenos/as deben ensinar o certificado de vacinación para poder acceder á piscina do Carme.
Esperamos que tódalas familias esteades ben e desexámosvos un feliz 2022!!