A biblio do Vilalaura · Xoves de conto

Biblioteca EEI Vilalaura

Xoves de Conto na Biblio 📚

A biblioteca da EEI Vilalaura abre os xoves de 16:00 a 17:30. Desde a ANPA Magnolia colaboramos coa escola coordinando o voluntariado de familias que queiran compartir un conto cos peques.

Gústanos moito esta idea porque ten algo moi especial: familias contando historias, peques escoitando con ilusión e unha biblio chea de vida.

A escola abre a biblio. As familias enchémola de historias.

Apúntate para contar un conto

A data confirmarase segundo dispoñibilidade.

Como podes participar

  • 📖 Pode ser lectura normal ou teatralizada
  • 🌍 Pode ser noutro idioma
  • 👵👴 Poden participar tamén avós ou outros familiares
  • 📚 Podes traer o teu libro ou escoller un da biblioteca

Non fai falta experiencia nin facelo perfecto. Só ganas de compartir un conto e sumar a algo bonito na biblio.

Scroll ao inicio