Visita en familia
🐝 Convértete en apicultor/a por un día co ANPA Magnolia!
Familias! Queredes un plan diferente, divertido e rodeado de natureza para os nosos nenos e nenas? Desde a ANPA Magnolia organizamos unha visita moi especial a Apípolis, en San Andrés de Xeve, Pontevedra.
Será unha xornada interactiva e multisensorial onde os peques —e tamén os maiores— aprenderemos sobre o mundo das abellas, a importancia de coidar o planeta e todo o que acontece arredor dunha colmea.
O que imos vivir nesta aventura
🔎 O segredo da colmea: visita guiada interactiva á exposición, con colmeas de observación reais e lupas binoculares para ver as abellas moi de preto.
👨🌾 Visita ao apiario: vestirémonos co equipo de apicultor/a para visitar o colmear con total seguridade e descubrir que as abellas son insectos pacíficos e fascinantes.
🕯️ Taller artesanal: coñeceremos os produtos da colmea tocando e ulindo o pole, a cera e outros elementos. Cada peque envasará o seu propio bote de mel e fará unha vela para levar á casa.
🍪 Pequenos chefs: remataremos a xornada amasando e cociñando unhas ricas galletas con mel. Mans á masa!
Unha oportunidade perfecta para compartir un día de convivencia entre familias do cole nun contorno inmellorable. A actividade está aberta a familias socias e non socias, aínda que, como sempre, animámosvos a formar parte da ANPA : cantas máis familias somos, máis plans coma este podemos facer realidade 💛
📌 Onde? Apípolis — Lugar de Couso, 10, San Andrés de Xeve
📅 Cando? 6 de xuño
⏰ Horario: de 10:00 a 14:00
🚗 Desprazamento: cada familia acudirá pola súa conta ata as instalacións de Apípolis.
⏳ Data límite de inscrición: 28 de maio ás 15:00
Non o pensedes máis e vinde pasar un día redoncho e moi doce connosco! 🍯