
Co gallo da celebración das letras galegas, o Teatro Permanente convida a todas as familias da ANPA Magnolia a unha función do seu espectáculo “Historias de 1 a 4: 5” Trátase dun pequeno formato de teatro absurdo para público familiar duns 40 minutos de duración.
Será este sábado 17 de maio ás 18:00 no Teatro Permanente, Rúa Abeleira Menéndez, 7, 36202 Vigo.
A entrada é libre con reserva previa por whatsapp neste número: 659.188.988.
Dispoñen de 30 prazas nada máis. Haberá entrada inversa (o rematar a función a xente da o que estime, de xeito responsable)