Tarde con ponis · 2º edición

Tarde con ponis - ANPA Magnolia

A actividade de Tarde con Ponis foi un éxito total e as prazas esgotáronse en tempo récord…

Así que non podiamos deixalo aí 😊 Repetimos a experiencia o sábado 25 de abril!

Traemos de novo un plan deses que sabemos que lle vai encantar á cativada: unha tarde para coñecer, coidar e relacionarse cos ponis nun entorno natural e tranquilo.

Durante a actividade poderán cepillalos, preparalos e interactuar con eles, e tamén facer unha pequena iniciación á monta a través de xogos, sempre acompañados por monitores.

Un plan perfecto para natureza, animais e aventura en pequeno formato. 🌿

📅 Información da actividade

📅 Data: Sábado 25 de abril

⏰ Horario: 17:00 – 19:00 aprox.

📍 Lugar: Hípica Abraí­n · Gondomar

💶 Prezo: 15 € por neno/a

✏️ Como reservar praza

📝 Anotarse agora

1

Realiza o pagamento

2

Cubre o formulario

3

Achega o xustificante

Importante:
Cubrir o formulario non garante a praza automaticamente.

A praza quedará confirmada unha vez revisado o pagamento pola ANPA.

As prazas asignaranse por orde de inscrición e pagamento.

Grazas a todas as familias pola acollida da primeira edición 💛

Seguimos facendo comunidade!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio