Algúns pais trasladástesnos se habería posibilidade de ampliar o horario de Matinal para poder entrar ata as 7:30 no lugar das 8:00 como ata o de agora. Por parte da ANPA consultamos ao centro e non nos puxeron problema.
É por esta razón que vos queremos consultar se estariádes interesados neste servizo.
Compartimos algunhas anotacións a ter en conta:
- Para implementalo precisamos ter un número mínimo de usuarios habituáis, é dicir, que o uso do servizo se manteña no tempo.
- No caso de utilizar o servizo este tería un incremento do custo de Matinal só para os usuarios que o empreguen.
- No caso de que se implemente e algún usuario que non estivese apuntado entrase antes das 8:00, a facturación realizaríase coa tarifa de 7:30 – 9:00.
No caso de estar interesados neste servizo escribídenos un correo ao enderezo da anpa co asunto “<NOME DO NENO> – <MESTRA> – AMPLIACIÓN DO HORARIO MATINAL” e terémolo en conta.
Damos de prazo ata o vindeiro mércores 5 para que respostedes. Pasado este prazo informarémosvos de si se realizará ou non.
Grazas de antemán pola colaboración e calquera dúbida quedamos á vosa disposición polas canles habituais, preferéntemente por correo, presencial ou por teléfono.
Actualización do 10/10/2022 : Informámosvos no própio artigo de qeu a ampliación do horario non se fará. Grazas a todos pola vosa colaboaración.
En relación a esta Sondaxe informámosvos que finalmente non se realizará a ampliación do horario. Grazas a todos pola colaboración.