Seguimos reclamando na EEI Vila Laura

A día de hoxe non temos noticias da Consellería sobre cando se incorporará a mestra que falta no noso centro.

A preocupación aumenta, xa que o luns 1 de setembro debería estar no colexio para coñecer as aulas, ás familias e sobre todo para que o alumnado dispoña da súa figura de referencia. O tempo pasa e a incerteza é total.

As familias estamos especialmente preocupadas polos nenos e nenas que comezan este curso, xa que corren o risco de iniciar a súa vida escolar sen unha mestra de referencia estable.

 Consideramos esta situación inxusta e inaceptable polos tempos e polas formas, porque transmite a mensaxe de que os dereitos dos nenos e nenas non importan.

Como ANPA seguiremos reclamando, porque o noso alumnado merece estabilidade, atención e unha educación pública de calidade dende o primeiro día.

Grazas ás familias polo apoio e unidade neste proceso.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio