Saída en familia
Fundación Sales
Un plan bonito para desfrutar xuntas da natureza e participar nun obradoiro de estampación en familia.
Avda. Europa, 52 · Vigo
Ex: 1 adulto + 1 neno/a = 10 €
Que imos facer?
A actividade inclúe unha saída en familia á Fundación Sales e un obradoiro de estampación, pensado para desfrutar da natureza, crear xuntas e pasar unha tarde diferente.
Un plan con calma, verde, familia e comunidade Magnolia.
Actividade en familia
Os nenos e nenas deben vir sempre acompañados dunha persoa adulta.
Porque esta saída é para desfrutar xuntas: peques, maiores e comunidade.
Prazas limitadas
A actividade está suxeita a grupo: mínimo 20 persoas e máximo 40 persoas, contando adultos e nenos/as.
Prioridade familias socias
Nesta actividade, as prazas están reservadas inicialmente para familias socias da ANPA.
As familias non socias poden inscribirse igualmente, pero pasarán a lista de espera.
O mércores ás 22:00 revisaremos as prazas dispoñibles e, se quedan ocos, asignaranse por orde de inscrición.
Nese momento confirmarase a participación e indicarase o seguinte paso para completar a reserva.
Como reservar praza?
Cubrir o formulario
Indica os datos da familia e o número total de persoas asistentes.
Facer o ingreso
A reserva só quedará completa co formulario e o xustificante de pagamento.
Conta da ANPA
ES59 2100 5912 4302 0016 3657
Concepto do ingreso:
SAÍDA SALES + APELIDOS FAMILIA
Exemplo: SAÍDA SALES + RIVEIRA GAITÁN
Unha tarde para desfrutar, crear e facer comunidade.
Facendo escola tamén fóra da escola.