RECORDATORIO FESTA SAMAÍN NO VILA LAURA

O mércores 29 de outubro, de 17:00 a 19:30 h, o patio da EEI Vila Laura volverá encherse de maxia, misterio e moita diversión 🕸️
Xa falta moi pouquiño para disfrutar dunha tarde chea de risas, xogos e fantasía para toda a familia 💫

Lembrade que cada familia pode traer a súa merenda terrorífica para compartir este momento xuntas 🍎🕷️
Será unha merenda compartida, chea de sabor, maxia e bo humor 🧁🎃
Un momento perfecto para reencontrarnos, compartir e desfrutar en familia 💜

Aquí tedes de novo algunhas suxestións de ideas para cada mesa, por se queredes inspirarvos 🍪🧁

✨ A participación é voluntaria.
✨ As propostas son só iso: suxestións.
Podedes traer algo máis sinxelo (froita pelada, galletas normais…) ou mesmo algo doutro tipo se vos resulta máis doado.

E se non podedes ou non vos dá tempo a traer nada, tamén sodes máis que benvidos/as 💕
O importante é pasar unha tarde divertida todas xuntas, con moito humor, colaboración e espírito de Samaín 🎃

🧙‍♀️ Non esquezades o voso disfraz e as ganas de pasalo de medo!
(Entradas polas portas Moreira e Musical)

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio