Recollida de sinaturas – Inclusión Real Xa!

Queridas familias,

Desde FOANPAS presentouse no Parlamento de Galicia a Proposición Non de Lei (PNL) “Inclusión Real Xa!”, unha iniciativa para conseguir unha educación verdadeiramente inclusiva, na que todos os nenos e nenas poidan aprender xuntos, cos apoios necesarios, evitando a segregación e garantindo que ninguén quede excluído.

A PNL propón, entre outras medidas:

  • Que todo o alumnado estea en aulas ordinarias, cos apoios necesarios, evitando a separación en “aulas inclusivas” ou grupos segregados.
  • Que as avaliacións psicopedagóxicas sirvan para planificar apoios individualizados, non para separar alumnos.
  • Que os centros dispoñan dos recursos e orzamentos necesarios para ofrecer apoios, accesibilidade, materiais adaptados e atención educativa personalizada.
  • Que se garanta a participación de todos os alumnos na vida escolar, incluíndo actividades, recreos e convivencias.
  • Que haxa formación para o profesorado en educación inclusiva e atención á diversidade.

Agora necesitamos a vosa axuda: para que a PNL poida debatérense no Parlamento, é necesario recoller sinaturas de persoas maiores de 18 anos censadas en Galicia. Cada sinatura conta, e canto máis participemos, máis forza terá a iniciativa.

Como podedes colaborar no noso centro:

  • Colocaremos unha mesa o carón da porta Musical e na entrada por Moreira cos pregos oficiais para asinar.
  • Membros do ANPA iranse turnando para atender a mesa e axudar a quen o precise.
  • É importante que cada persoa cubra correctamente todos os datos: nome, apelidos, DNI, data de nacemento e concello.

Se queredes participar, só tedes que achegarvos á mesa e asinar. A vosa colaboración é fundamental para que esta iniciativa chegue ao Parlamento e defenda unha escola máis inclusiva, xusta e adaptada á realidade de cada neno e nena.

Moitas grazas pola vosa implicación.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio