Quen somos

¡¡BENVIDOS Á ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL VILALAURA!!

Queremos que neste curso escolar 2021/2022 formedes parte da nosa A.N.P.A MAGNOLIA, sabemos que vai ser un ano atípico para todos e todas, pero afrontámolo con ilusión e moitas ganas de colaborar para ofrecer aos nosos nenos e nenas todo o que estea na nosa man para que sexan felices nesta «nova normalidade».

O que contan os números

0 +
Socios do ano 2022
+
Anos da Anpa
+
Peques gozando das actividades

Ata o de agora a ANPA organizaba:

Ademais organizabamos xunto coa Escola as Festas

  • o Magosto
  • a Festa de Nadal
  • a Chocolatada de Entroido
  • Organización e Presentación do Festival de Fin de Curso no Teatro Salesianos
  • a Festa do Patio ( que é a festa de fin de curso)

Non sabemos polo momento se poderemos realizar algunha destas actividades.

Pero este ano máis ca nunca precisamos que vos fagades socios, nós estaremos funcionando como anpa para intentar darlle o mellor aos nosos peques.

Pero este ano máis ca nunca precisamos que vos fagades socios, nós estaremos funcionando como anpa para intentar darlle o mellor aos nosos peques.

Precisamos tamén de novos vogais que traballen cóbado con cóbado na xunta directiva da A.N.P.A., lembrade que cada ano vanse os membros con fillos que pasan a primaria.

O proxecto da Horta escolar tamén é unha actividade co-organizada coa Escola na que os pais voluntarios  son indispensables.

Namentres gustaríanos que lle botásedes unha ollada á nosa web: www.anpavilalaura.org.

¡¡ESPERAMOS CONTAR CONVOSCO E QUE DESFRUTEDES DO BEN QUE SE PASA VENDO GOZAR OS NOSOS NENOS!!