QUEIXAS Ó CONCELLO POLO MAL ESTADO DOS ACCESOS A ESCOLA

🚨 Familias: precisamos da vosa colaboración

Estes días choveu e o acceso ao EEI Vila Laura por Pintor Colmeiro volveu quedar intransitable: barro, desniveis, area… e isto está afectando directamente ao día a día das nosas crianzas.

Non podemos normalizar esta situación nin esperar máis tempo. Este acceso é escolar, úsase a diario, e non reúne condicións mínimas de seguridade nin accesibilidade.


Cal é o problema

O firme do acceso está afundido, cúbrese con area e barro con facilidade, e deteriorouse polo uso habitual de vehículos pesados.

Xunto a este punto, o parque de envellecemento activo tamén está deteriorado: socavóns, aparatos oxidados, barreiras mal resoltas e unha estrutura metálica exposta que pode ser perigosa.

É importante lembrar que esta zona é vía pública municipal e, polo tanto, correspóndelle ao Concello de Vigo o seu mantemento, conservación e reparación. Por iso é fundamental presentar a queixa directamente ao Concello: é a administración competente e quen pode actuar para arranxalo.

Cantas máis familias presentemos a queixa individual ao Concello, máis forza terá esta reclamación e máis rápido pode tomarse unha medida real.

GUÍA PARA FAMILIAS

Como presentar unha queixa polo mal estado do acceso ao EEI Vila Laura por Pintor Colmeiro

Onde presentar a queixa

Sede Electrónica do Concello de Vigo → Queixas e suxestións:
👉 https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/queixas_suxestions.jsp?lang=es

(non é necesario certificado dixital)

Como facelo paso a paso

  1. Entra na ligazón
  2. Cubre os teus datos persoais
  3. Explica coas túas palabras o que ves no acceso
  4. Engade fotos se podes
  5. Envía e garda o xustificante
MOI IMPORTANTE – AS FOTOS DAN MÁIS PESO Á QUEIXA

Se podes, engade 1 ou 2 fotos coa túa reclamación. Unha queixa con imaxes ten moitísima máis forza e axuda a priorizar unha actuación.


✏️ Textos alternativos para inspirarte ao redactar

(Podes escoller facer foco só no chan do acceso — que é o máis urxente — ou engadir tamén o resto de elementos asociados)

GALEGO

  • Solicito a reparación urxente do acceso ao EEI Vila Laura pola rúa Pintor Colmeiro. O firme está afundido, con area e barro, e resulta perigoso para o alumnado e familias.
  • Este acceso úsase habitualmente como aparcamento de vehículos pesados (moitas veces municipais), o que empeorou o deterioro. É necesario habilitar unha zona de carga/descarga alternativa que non invada o paso escolar e reparar o firme con contencións.
  • O parque de envellecemento activo situado ao lado deste acceso presenta socavóns, aparatos en mal estado e unha estrutura metálica perigosa. Solicito actuación municipal tamén nesa zona.

CASTELÁN

  • Solicito la reparación urgente del acceso a la EEI Vila Laura por la calle Pintor Colmeiro. El firme está hundido, con arena y barro, y es peligroso para el alumnado y las familias.
  • Este acceso se usa habitualmente como aparcamiento de vehículos pesados (a menudo municipales), lo cual agrava el deterioro. Es necesario habilitar una zona alternativa de carga/descarga que no invada el paso escolar y reparar el firme con contenciones.
  • El parque de envejecimiento activo situado junto a este acceso tiene socavones, aparatos deteriorados y una estructura metálica peligrosa. Solicito mantenimiento municipal también en esta zona.

Facémolo TOD@S.
Facémolo xa 👇
Pintor Colmeiro NON pode seguir así.

A continuación atoparás capturas de cómo facer reclamación pola web do concello ou pola VigoApp (é preferible a web porque permite engadir máis fotografías)

GUÍA RECLAMACIONS NA WEB DO CONCELLO

GUIA RECLAMACIONS A TRAVÉS DE VIGOAPP

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio