🎄✨ Lotería: Unha pequena gran alegría para compartir

Este Nadal no ANPA Magnolia temos unha boa nova que nos fai especial ilusión 💛
O noso número da Lotería de Nadal, 57493, resultou premiado pola terminación do 3º premio.

É unha desas alegrías sinxelas, pero bonitas, que saben mellor cando se comparten.
Cada participación era de 4 € e o premio é de 20 € por participación, grazas á colaboración e confianza das familias que, un ano máis, apoiaron ao ANPA.


💛 Un premio que volve ás familias

Grazas á participación de todas e todos, este ano desde o ANPA Magnolia
imos repartir exactamente 17.000 € en premios

Unha cifra que non fala só de sorte, senón de comunidade, implicación e traballo compartido.
Porque cando sumamos pequenos xestos, pasan cousas moi bonitas 💛

📍 Cobro do premio

O cobro poderá realizarse na administración de lotería onde está depositado o número:

DON DÉCIMO
📍 Rúa Zamora, 58 (fronte ao Castañal)
📞 609 66 54 14
Importante: lembramos que os premios caducan aos tres meses.

💛 Doazón voluntaria ao ANPA

Se algunha familia decide non recoller o premio na administración, o importe quedará como doazón ao ANPA.
Se o desexan, poden tamén comunicárnolo por correo electrónico en
📧 anpamagnoliavilalaura@gmail.com,
aínda que non é necesario facer ningún trámite: abonda con non ir cobrar o premio.

Estas doazóns destinaranse integramente a proxectos e actividades para a comunidade educativa do EEI Vila Laura, revertendo directamente no benestar das crianzas.


Grazas por participar, por confiar e por facer do ANPA Magnolia unha comunidade próxima, viva e chea de corazón 💛

ANPA Magnolia – EEI Vila Laura
Xuntas e xuntos, facendo escola.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio