Grupo Anpa da Horta Escola

Compartimos con vós esta mensaxe da Asociación Amigos da Terra En Amigos da Terra, entidade que está apoiar a horta escolar do centro, queremos promover a mellora do proxecto a través da participación das familias. No voso centro xa existe un grupo de familias voluntarias na horta e queremos apoialo! Sabemos que este curso escolar …

Grupo Anpa da Horta Escola Ler máis »

Loteria de Nadal

Xa temos á venda lotería do anpa de este ano, podedes adquirir participacións para o número 57493 na administración de lotería Don Décimo (rúa Zamora Nº58). Moita sorte a tod@s!!

Un novo curso comeza

Como xa comunicamos, polo momento non podemos ofrecer servizos como matinal e extraescolares. Para extremar precaucións queremos comunicar tamén que este ano non estaremos no local da anpa, tódalas dúbidas podedes envialas a través do formulario de contacto da  web ou directamente ao noso email anpamagnoliavilalaura@gmail.com e vos responderemos encantados. Despois da Asamblea Xeral de Socios de principio de …

Un novo curso comeza Ler máis »

Plans da EEI VILALAURA relacionados coa situación covid

Están publicados na web do cole o plan de adaptación á situación Covid, o plan de acollida e o plan de continxencia, que xa indican que están suxeitos a posibles modificacións. Podedes acceder aos publicados a día 2 de setembro neste enlace. Podedes consultar tódalas novas do cole a través deste enlace á súa web.

Información curso 2020-2021 na web do cole e por remind.

Estes días é moi importante que permanezades atentos:  á web do cole porque están a poñer avisos relativos a este inicio de curso atípico (por exemplo que o alumnado de 5 e 6 anos tamén ten unha pequena adaptación)  e tamén ao remind porque as titoras están a mandar información por este medio.