OS REIS MAGOS VISITAN O VILALAURA

Hoxe foi un día moi especial para os nosos peques, os Reis Magos viñeron de visita ó noso cole. Algúns cativos estaban nervosos, outros con cara de sorpresa, outras de ledicia, pero a todos e todas lles vai quedar un bo recordo.

A rapazada cantou, bailou, déronno todo…e levaron para casa un detalliño por parte dos Reis, que os animaron a seguir traballando moito no cole, como até o de agora.

Moitas grazas a todas as familias que coa vosa aportación é posible facer este tipo de actividades, e moitas grazas as persoas que axudaron na organización e desenrolo do evento.

Intentaremos seguir organizando actividades para toda a familia durante o resto do curso, para iso contamos con vós.

¡¡¡¡¡Bo Nadal e mellor 2024!!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará