Obradoiro de teatro en familia

O Teatro Permanente, en colaboración coa ANPA Magnolia, organiza un obradoiro de teatro en familia pensado para compartir unha experiencia creativa entre grandes e pequenos.

📅 Data: domingo 22 de marzo
🕦 Horario: de 11:30 a 13:00
📍 Lugar: Teatro Permanente. Rúa Abeleira Menéndez, 7, Vigo.
👥 Prazas: máximo 16 persoas (ata 8 adultos)
💶 Cota: 10 € por familia

Trátase dun tempo para descubrir o teatro desde os seus aspectos máis lúdicos, no que familias participarán xuntas en diferentes dinámicas e xogos teatrais. Grandes e pequenos afrontarán os mesmos retos, creando un espazo de encontro, colaboración e diversión no que a idade ou a experiencia non son importantes.

Este obradoiro é unha oportunidade para gozar dunha actividade en equipo, reforzar vínculos e explorar a creatividade a través do teatro.

ℹ️ Inscricións:
A xestión das reservas e dos pagamentos realízase directamente co Teatro Permanente. Nun primeiro momento débese enviar unha solicitude por correo electrónico; unha vez confirmada a praza, enviarase un formulario cos datos e a información para o pagamento.

A inscrición farase por orde de recepción das reservas de praza neste enderezo: info@teatropermanente.com

Recibiredes unha confirmación da vosa reserva coas indicacións para facer o pagamento. A cota de inscrición é de 10 euros por familia.

Máis información: 659.188.988 (só whatsapp)

Animádevos a participar nesta proposta diferente para vivir o teatro en familia. 🎭

Obradoiro de Teatro en Familia – Teatro Permanente

O Teatro Permanente & ANPA Magnolia

Obradoiro de Teatro en Familia

Unha experiencia creativa para compartir, xogar e crear entre grandes e pequenos.

Sobre o obradoiro

Trátase dun tempo para descubrir o teatro desde os seus aspectos máis lúdicos. Familias participarán xuntas en dinámicas e xogos onde a idade ou a experiencia non son importantes.

Unha oportunidade para reforzar vínculos, explorar a creatividade e, sobre todo, gozar dunha actividade en equipo nun espazo de colaboración e diversión.

Data

Domingo 22 de marzo

Horario

11:30 a 13:00 h

Lugar

Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez, 7, Vigo

Cota

10 € por familia

Inscricións

Prazas

Máximo 16 persoas
(Ata 8 adultos)

Enviar reserva a:

info@teatropermanente.com

Máis info

659.188.988

As prazas asígnanse por orde de recepción. Recibirás confirmación e datos para o pagamento tras a túa solicitude.

Animádevos a participar nesta proposta diferente para vivir o teatro en familia! 🎭

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio