O MAGOSTO NO VILA LAURA

O Magosto xa está preto e no Vila Laura imos vivilo en grande! 🌰🍂
Este ano contaremos cun castañeiro na escola para que o alumnado poida ver en directo como se preparan e se asan as castañas, mantendo viva unha tradición tan nosa e tan especial.

Pedímosvos que acheguedes un pequeno puñado de castañas secas, limpas e cun corte feito, o luns 10 e martes 11, nos buzóns que deixaremos no patio.

Entre todas as familias e a escola facemos posible este Magosto.
Grazas por sumar, por colaborar e por seguir creando comunidade.

ANPA Magnolia – EEI Vila Laura

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio