Dende hoxe 17 de Xaneiro e ata o 20 de Xaneiro ábrese o prazo para novos alumnos de Natación.
As quendas que teñen prazas libres son as seguintes:
Mércores ás 16:45h, 2 prazas
Xoves ás 16:45h, 2 prazas
O proceso para matricularse é o seguinte.
1º, enviar un mail a anpamagnoliavilalaura@gmail.com, solicitando praza para o horario elexido.
2º, Dende a ANPA remitirase un mail cos documentos que tedes que cubrir e reenviar. O custe da actividade é de 33,40€ (todo o cuadrimestre).
Se alguén ten interese noutro horario, enviade un mail a ANPA que solicitará ó IMD nova praza, pero non se asegura que nola otorguen, xa que depende do pool de outros coles que queden prazas valeiras.
Calquera dúbida podedes consultar con nós, por mail ou teléfono 616008784(de mañáns)
Bos días,
Perdoa por todas as preguntas que che vou a facer….
Onde son as clases de natación?
É unha extraescolar? entendo que non polo horario, supoño que os temos que levar nós a clase
Gracias polas aclaracións
As clases de Natación son na piscina do Carme, no complexo deportivo das Travesas. O transporte é pola conta dos pais, é unha extraescolar adherida ó programa de Escolas Deportivas Municipais do Concello de Vigo que non se efectúa no colexio por non posuir de instalacións para o desenrolo desa actividade. Calquera dúbida contacta con nós mediante un mail ou chama ó 616008784 (de mañáns).