O ANPA pon a disposición das familias un novo servizo para facilitar a conciliación das tardes: a recollida na escola infantil e traslado ao centro de ocio Trasnos (Rúa Barcelona 80).
Hai dous horarios posibles de recollida:
- 15:30h
- 17:00h
O servizo estará realizado polo persoal profesional de Trasnos, que trasladará ao teu peque ao centro e acompañarao en xogos e actividades ao longo da tarde.
Prezo base
O prezo por recollida + 1 hora de xogo é de 10€ por sesión. Tamén existe a posibilidade de solicitar orzamento personalizado para outros formatos (máis tempo de xogo, bonos, irmáns, merenda, etc.).
Para máis información podes contactar por teléfono ou WhatsApp ao número:
📱 698 153 207
