Comprácenos anunciar que temos un novo membro na Familia Vilalaura, trátase dunha nova iniciativa no noso barrio que pode ser do voso interese.
Trátase dun local de aluguer para a celebración de festas infantís, reunións e cumpreaños de xeito privado.
Acaban de abrir e gustaríalles ter unha colaboración coas familias do noso cole xa que o local está orientado especialmente para celebracións dos máis cativos.
Como podedes ver na súa web, é un local para grupos reducidos, de ata 35 persoas, onde celebrar cumples de xeito especial e sen ter que compartir instalacións con outros nenos de diferentes idades.
Agora mesmo hai oferta de apertura con prezos reducidos, ata o 19/06, pero a partir desa data, os socios da ANPA MAGNOLIA do colexio Vilalaura terán un 10% de desconto sobre as tarifas oficiais.
Noraboa e moita sorte!!!!!