🏊‍♀️ Novas altas – Actividade de Natación

Desde mañá, día 17, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na actividade de natación para este segundo cuadrimestre.

📍 Lugar: Piscina do Carmen (Travesas)
📅 Duración: Cuadrimestre de febreiro a maio
💰 Custe: 34,80 € (importe total do cuadrimestre)

🕒 Horarios dispoñibles:

  • Luns, martes, mércores, xoves ou venres
  • Quendas ás 16:00 h ou ás 16:45 h

⚠️ Dispoñibilidade de prazas moi limitada, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición.

👉 Para solicitar praza, é necesario enviar un correo electrónico a:
📧 anpamagnoliavilalaura@gmail.com
Asunto: NATACIÓN
Indicando: preferencia de día (e quenda, se procede)

📩 A confirmación da praza e a alta na actividade realizaranse a través do propio correo, unha vez comprobada a dispoñibilidade.

Grazas, como sempre, por formar parte da comunidade ANPA Magnolia 💜

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio