Novas actividades para o segundo cuatrimestre!

Seguimos ampliando a oferta de actividades extraescolares para este curso. A partir do segundo cuatrimestre, o alumnado poderá anotarse nas seguintes novas propostas, segundo o calendario establecido:

🏃 Atletismo – Circuitos deportivos (Norgof)
Luns · 17 €/mes

🎨 Pintura – Exprésate coas cores (Imaxina)
Mércores · 17 €/mes

📅 Prazo de inscrición: do 21 ao 26
As altas realizaranse a través do formulario dispoñible nesas datas por orde de inscrición ata completar o cupo.
👉 Consultade o listado actualizado no formulario de inscrición xa que a medida que se tramiten as altas poderán variar as prazas dispoñibles nas actividades xa existentes.


💡 Importante:
Aquelas familias que soliciten alta nas novas actividades (Pintura ou Atletismo) e que xa teñan outra actividade no mesmo día non deberán realizar ningún cambio de forma inmediata.

Unha vez pechado o prazo de inscrición, comprobarase se se acada o número mínimo de participantes necesario para a posta en marcha das novas actividades. Só nese momento, e no caso de que finalmente se confirmenprocederase, se fose necesario, á modificación ou cambio de actividade correspondente, comunicándoo vía correo electrónico de maneira individual a cada familia.

🧩 Próximas novidades: obradoiros mensuais

Doutra banda, tamén estamos a traballar na ampliación da oferta con obradoiros mensuais para os máis pequenos e pequenas, que se realizarán por días soltos e a un prezo reducido (3–4 € por sesión).

Cada obradoiro contará cun máximo de 12 participantes e anunciarase con suficiente antelación para facilitar a inscrición das familias. Toda a información detallada (datas, horarios e formulario) publicarase proximamente nunha nova entrada.

Os obradoiros levaranse a cabo nas instalacións da escola, en horario non coincidente co resto das actividades extraescolares.

Entre as propostas que se están a preparar destacan:

💛 Intelixencia emocional
🧠 Mentes activas

Para máis información, podedes consultar o formulario de inscrición ou contactar co ANPA polos canais habituais.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio