NATACION PRIMER CUADRIMESTRE 2024-25

Comeza o prazo para as RENOVACIÓNS dos que tiñades praza no segundo cuadrimestre do ano pasado ( para continuar no mesmo día e hora).

A partir do día 1 do mes de Octubro continúan os cursiños de natación dun só día á semana na PISCINA MUNICIPAL DAS TRAVESAS. CADA ALUMN@ SÓ PODE ESTAR INSCRITO NUN CURSIÑO

Esta actividade é cuadrimestral e, ten un custo de 32,20€/cuadrimestre (Outubro-Novembro-Decembro-Xaneiro). Para a inscrición na mesma, podedes consultar a información e descargar os formularios na nosa web www.anpavilalaura.org

RENOVACIÓNS para ALUMNOS CON PRAZA NO 2º cuadrimestre do ano pasado: do 5 ao 11 de Setembro.

  • Facerse socio da A.N.P.A
  • Cubrir o documento de renovación que está na web, realiza-lo pago e enviar ambos ao noso correo anpamagnoliavilalaura@gmail.con ou deixalos nalgún dos nosos buzóns.
  • A renovación implica continuar a actividade no mesmo día e hora que no último cuadrimestre do curso pasado.

Non renovar nos prazos sinalados significa perder a praza, que se porá a disposición dos novos alumnos.

NOVAS INSCRICIÓNS: do 12 ao 18 de Setembro, para nen@s que non estaban apuntados previamente e novos alumn@s

A inscrición será por escrita. Farase da seguinte maneira:

  1. Facerse socio da A.N.P.A.(en caso de non selo).
  2. Preguntar na ANPA a dispoñibilidade dó cursiño elixido e, posteriormente, facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación (32,20€).
  3. Cubrir o formulario de inscrición que está a continuación e facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación.
  4. Enviar os formularios e o xustificante de pago ata o día 18 (inclusive).

Nota importante: non se reservarán horarios nin se manterán as prazas se non se pasa pola A.N.P.A. e se cumprimenta a documentación tal e como se explica máis arriba.

A continuación achegamos a folla de inscrición que tedes que remitirnos xunto co xudtificante do ingreso ó noso mail.

Scroll ao inicio