NOTA IMPORTANTE: a cota da piscina neste cuadrimestre é de 31€
- RENOVACIÓNS para ALUMNOS CON PRAZA NO 1ºcuadrimestre
do 10 ao 16 de xaneiro, para a renovación dos usuarios do cuadrimestre anterior.
Cubrir o documento de renovación que está a continuación, realiza-lo pago e entregar ambos no noso local, deixalos nalgún dos nosos buzóns ou enviárnolos por mail ata o día 16 (inclusive).
A renovación implica continuar a actividade no mesmo día e hora que no primeiro cuadrimestre.
Non renovar nos prazos sinalados significa perder a praza, que se porá a disposición dos novos alumnos.
- NOVAS INSCRICIÓNS
do 17 ao 24 de xaneiro, para nen@s que non estaban apuntados previamente e para alumnos que tiñan praza no 1º cuadrimestre pero desexan cambiar de horario.
A inscrición será por estricta orde de chegada. Farase da seguinte maneira:
1º Para saber se quedan prazas no horario que queredes, antes de realiza-lo pago debedes pasar polo noso local, chamarnos ao 616 008 784 ou enviar un email a anpamagnoliavilalaura@gmail.com.
2º Facerse socio da A.N.P.A.(en caso de non selo).
3º Cubrir o formulario de inscrición que está a continuación e facer o pago correspondente da cota cuadrimestral da natación.
4º Entregar até o día 24 de xaneiro (inclusive):
– a folla inscrición ANPA natación 2º cuad, a folla de inscrición IMD e a declaración responsable de autoevaluación covid-19 que tedes a continuación xunto cos xustificantes dos pagos
– a documentación de alta de socio (se ainda non erades socios).
Outra información de interese: