🏊 CURSOS DE NATACIÓN 2025/26 🏊

A partir de octubro, retomamos os cursiños de natación un día á semana na Piscina Municipal das Travesas. Cada alumn@ poderá inscribirse nun só cursiño.
💶 Custo: 33,40 € por cuadrimestre
📆 Actividade cuadrimestral
Renovacións (para alumnado con praza no 2º cuadrimestre do curso pasado):
📌 Do 6 ao 14 de setembro
- Facerse socio da ANPA
- Cubrir o documento de renovación dispoñible na web
- Enviar formulario e xustificante de pago a anpamagnoliavilalaura@gmail.com
✅ Garantirás continuar no mesmo día e hora do último cuadrimestre
Novas inscricións:
📌 Do 15 ao 21 de setembro
- Facerse socio da ANPA (se non o es)
- Consultar dispoñibilidade do cursiño e facer o pago correspondente
- Cubrir e enviar o formulario de inscrición coa xustificación do pago
⚠️ Nota importante: Non se reservarán horarios nin se manterán as prazas se non se pasa pola ANPA e se cumprimenta a documentación tal e como se explica máis arriba.
⚠️ Lembranza: Cada alumn@ só pode estar inscrito nun cursiño. Non se permitirá inscrición en máis dun grupo.
ℹ️ Información e formularios: