MERENDA NA FESTA DE SAMAÍN

Este Samaín queremos celebrar unha merenda compartida entre todas as familias da nosa escola, con comidas terroríficas, creatividade e moita diversión.

Cada grupo poderá traer algo para unha das mesas temáticas da merenda, e o ANPA encargarase da auga, vasos, decoración e organización do espazo.

🍽️ AS MESAS TEMÁTICAS E AS APORTACIÓNS POR CLASE

Haberá catro mesas de buffet decoradas e sinalizadas, con diferentes tipos de comida.

Cada unha agrupa a varias clases e ten un tema específico:

🧡 1. Caveiras e Cabazas (Froita e Saudable)

Clases: Xoaniñas · Pingüíns · Osiños · Xirafas

→ Froita de tempada (mazás, uvas, mandarinas, plátanos…) presentada de forma divertida: mandarinas convertidas en cabazas, plátanos pantasma, brochetas con ollos comestibles ou froita cortada en bandexas.

Tamén son benvidas opcións lixeiras como mazás asadas ou galletas de avena con froita seca.

💀 2. Tumbas e Mumias (Salado e Aperitivos)

Clases: Astronautas · Exploradores · Abelliñas

→ Pratos salgados fáciles de comer: mini-sándwiches en forma de tumba, salchichas múmia, escobas de meiga con palitos e queixo, tortilla cortada, empanadiñas ou snacks salados.

A clave é que sexan pequenas porcións que se poidan servir e comer coas mans.

🕸️ 3. Meigas e Pantasmas (Repostaría e Doce)

Clases: Piratas · Indios · Tartarugas

→ Propostas doces como cupcakes pantasma, galletas decoradas, nubes con chocolate branco, gominolas terroríficas ou arañas de Oreo con patas de regaliz.

Tamén se aceptan postres caseiros (bizcoitos, madalenas, rosquillas…) cun toque de Samaín.

🧪 4. Pócimas e Brebaxes

Auga e vasos, a cargo do ANPA.

Cada familia pode achegar unha ración para uns 15-20 nenos/as.

A presentación é libre, pero animámosvos a decorar os pratos con temática de Samaín 🕷️

⚠️ RECOMENDACIÓNS

  • Trae o alimento listo para servir, en recipientes preferiblemente desbotables (bandexas, pratos de cartón…).
  • Se empregas tupper ou recipiente reutilizable, etiquétao co nome da familia.
  • Evita pratos que precisen neveira, quentar ou cortar no momento.
  • Indica se o teu prato leva glute, leite, ovo ou froitos secos.
  • É recomendable que as achegas sexan caseiras, sinxelas e hixiénicas, evitando produtos ultraprocesados.

🧹 AO REMATAR…

A festa celébrase no patio que empregan os nosos fillos e fillas a diario, polo que pedimos responsabilidade e coidado entre todos.

Este é un evento colaborativo, e a limpeza e a orde son tamén parte da celebración.

👉 Lembrade:

  • Deixar as mesas recollidas e baleiras de restos de comida.
  • Empregar as bolsas e contedores sinalizados.
  • Se algo cae ao chan, recollédeo no momento.
  • Levar de volta calquera recipiente reutilizable.

💬 Se todos colaboramos, o esforzo repártese e todos o pasamos mellor.

O Samaín é unha festa de convivencia e queremos que siga sendo un exemplo de bo ambiente, respecto e coidado común.

🎉 Grazas por participar e por facer desta festa un Samaín cheo de maxia, risas e colaboración!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio