A A.N.P.A. Magnolia xunto coa dirección da E.E.I. VILALAURA organiza o XOVES 7 DE NOVEMBRO A FESTA DO MAGOSTO para tódolos nenos e nenas da escola.
Visitaranos un CASTAÑEIRO para que @s nos@s peques vexan como se preparan e proben as CASTAÑAS ASADAS QUENTIÑAS e poidan vivir unha das tradicións máis enxebres do noso pobo.
Precisamos da vosa colaboración achegando á escola un puñado de castañas cun corte, poderedes deixalas nos “BUZÓNS/CASTAÑA” que atoparedes nas portas de entrada durante os días 4, 5, e 6 DE NOVEMBRO
Grazas pola vosa colaboracion
