Chega a LUDOTECA do ANPA Magnolia: un espazo para crecer xogando!
Temos unha gran nova para todas as familias! O ANPA Magnolia pon en marcha un novo servizo de actividades extraescolares: a Ludoteca.
A Ludoteca nace da necesidade de ofrecer un espazo onde os máis pequenos poidan aprender xogando, desenvolvendo a súa imaxinación, creatividade e habilidades sociais nun ambiente de xogo libre e espontáneo. Máis aló dunha simple ludoteca, queremos crear un lugar para o coñecemento, a diversión e a interacción entre todos os participantes, facilitando ademais a conciliación da vida laboral e familiar.
Unha programación chea de diversión e aprendizaxe!
Cada mes, a Ludoteca ofrecerá actividades creativas como a creación de murais, contos, xogos de mesa e movemento para desenvolver habilidades sociais e físicas, e manualidades e obradoiros con material reciclado, así coma outras divertidas actividades.
Horario e Prezos da Ludoteca
O servizo de Ludoteca funciona de 16:00 a 17:00 horas, coma calquera extraescolar. Para adaptarnos ás vosas necesidades, ofrecemos diferentes opcións de asistencia.
O prezo do servizo dependerá do número de días á semana que estea apuntado á ludoteca, e este custo aplicarase por mes natural, independentemente do día en que se comece a usar ou do número de días que teña o mes. Todos os pagos serán domiciliados a comezos de mes.

Tamén existe a posibilidade de asistir días soltos.
Podes anotarte no formulario de