Este ano traémosche máis facilidades para conseguir as túas participacións!
A Lotería de Nadal da ANPA Magnolia xa está en marcha!
Este ano xogamos o número 57.493, con participacións de 5 € (4 € xogados + 1 € solidario).
Todo o recadado destinarase a actividades e proxectos educativos para o alumnado da EEI Vila Laura.

🎒 Compra directa cos representantes de aula
Como cada ano, temos un/ha representante en cada clase que xa dispón de participacións:
3 anos
👩🚀 Astronautas
🐧 Pingüiños
🏴☠️ Piratas
🐞 Xoaniñas
4 anos
🐻 Osiños
🧭 Exploradores
🪶 Indios
5 anos
🐝 Abelliñas
🐢 Tartarugas
🦒 Xirafas
Podedes contactar con calquera deles para mercar a vosa participación.
💶 Formas de pago: efectivo ou Bizum ao voso representante.
💻 NOVIDADE! Opción online: formulario de reserva + pago
Tamén podes conseguir as túas participacións de forma online, rápida e cómoda:
👉 Formulario de reserva e pago:
🔗 https://forms.gle/uYStYfimeupCouTQ7
- Cubre o formulario.
- Realiza a transferencia bancaria.
- Sube o xustificante no propio formulario.
- Unha vez validado, recollerás as túas participacións co representante da aula do teu fillo/filla.
💳 Datos para o pago (opción online)
CAIXABANK – IBAN: ES59 2100 5912 4302 0016 3657
Concepto obrigatorio: LOTERIA + CLASE + APELIDOS DO NENO/A
Exemplo: Loteria Pingüiños García Fernández
📎 Antes de subir o xustificante, revisa o importe:
- 1 participación → 5 €
- 2 participacións → 10 €
- 3 participacións → 15 €
- 5 participacións → 25 €
🌟 Grazas por colaborar un ano máis.
Entre todas e todos, seguimos facendo escola con ilusión!
Xunta Directiva · ANPA Magnolia Vila Laura