Tal e como vos adiantamos no inicio do curso, en Amigos da Terra queremos ofrecer unha formación online gratuíta para que as familias do centro poidades participar e mellorar o proxecto de horta escolar, así como intercambiar experiencias cos grupos de familias doutras escolas da Rede. A primeira sesión (de 2,5h de duración) será na semana do 22 ao 27 de febreiro. Nesta mensaxe achegamos o formulario de inscrición
A formación realizarase a través da plataforma Zoom (recibiredes instruccións). No formulario que achegamos podedes apuntarvos para a formación e escoller a vosa preferencia de data (de entre 2 opcións que vos propoñemos).
A continuación deixamos un pequeno resumo do programa desta sesión:
– Presentación curso
– Primeira aproximación á Axenda 2030. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
– Experiencias en torno aos ODS e as Hortas escolares
– Dinámica interactiva para comenzar a deseñar propostas
Agradecemos que cubrades o formulario nos próximos días para poder xestionar a participación: https://forms.gle/bBSP1qJ3tWSb98fr6
Agradecemos tamén que as persoas que teñades previsto participar poidades cubrilo entre hoxe e o venres 12, para poder pechar a data de celebración
Moitas grazas!