Información sobre algunhas extraescolares

PINTURA: LUNS DE 16:00 A 17:00 Actividade que favorece a habilidade manual, a imaxinación e alimenta a creatividade, a través de distintas técnicas artísticas que irán aprendendo. Material necesario: block de debuxo tamaño A4


MULTIDEPORTE: MARTES DE 16:00 A 17:00 E XOVES DE 16.00 A 17:00 Actividade para os máis deportistas, realizaremos xogos deportivos, gimkhanas e coñeceremos distintos deportes.

TALLER MUSICAL: MÉRCORES DE 16:00 A 17:00 É unha actividade dinámica, activa e divertida, onde os nenos a través do xogo, coñecerán todas as facetas da música e entenderana como linguaxe universal. Traballaremos por temáticas con distintos estilos musicais, músicas tradicionais, do mundo, clásica…integrando o xogo e a improvisación corporal.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará