Incidencias na falta de subministracións básicas de hixiene

Comunicado ás familias do EEI Vila Laura

Estimadas familias,

Desde a dirección do EEI Vila Laura trasladóusenos unha situación que consideramos moi grave e que afecta directamente ao benestar e á dignidade dos nosos nenos e nenas.

Levan 10 días sen dispoñer de papel de mans (que tivo que asumir o propio centro comprándoo pola súa conta) e a día de hoxe esgotouse tamén o xabón de mans. Segundo nos indican, é moi probable que nas vindeiras horas tamén se remate o papel hixiénico.

Esta situación é inasumible nunha escola infantil, e así o está trasladando a dirección tanto á empresa encargada da subministración como ao Concello de Vigo. A pesar das queixas constantes, non se está a dar unha resposta áxil nin responsable.

Desde a ANPA Magnolia:

  • queremos que todas as familias estean informadas dos feitos;
  • apoiamos as reclamacións da Dirección;
  • e esiximos solucións inmediatas para garantir algo tan básico como a hixiene diaria do alumnado.

A falta destes elementos non só supón unha cuestión loxística, senón que compromete a seguridade, a prevención sanitaria e o respecto ao noso alumnado e ao propio centro.

Agardamos que esta situación se resolva con urxencia e que non volva producirse.

Manterémosvos informadas/os de calquera novidade.

ANPA Magnolia Vila Laura

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio