Horarios, prezos e documentación de Extraesolares

PREZOS:

  •     Pintura, Taller Musical, Happy English: 16€/mes
  •      Intelixencia Emocional: 16€/mes
  •     Multideporte: 1h/semana (16€/mes) 2h/semana (24€/mes)
  •     Baile Galego: 1h/semana (12€/mes) 2h/semana (20€/mes)
  •     Fútbol: 1h/semana: 10€/mes; 2h/semana: 20€/mes
  •     Baile moderno: 1h/semana ( 10€/mes) 2h/semana (18€/mes)
  •     Yoga: 19€/mes
  •      Cociña: 22€/mes
  •      Judo: 1h/semana (17€/mes) 2h/semana (22€/mes) + Licenciada federativa: 22€ 

Para apuntarse, podedes pasar polo local da ANPA no noso horario ou enviar un email a anpamagnoliavilalaura@gmail.com, tamén podedes deixar a solicitude de extraescolares en calquera dos nosos buzóns. 

As solicitudes por email as atenderemos antes , despois as presenciais e por último as que se depositen nos buzóns.

IMPORTANTE:

• Xa comeza o prazo de inscricións nas Actividades Extraescolares.

• Dende Outubro ata final de curso as altas en extraescolares son do 21-26 de cada mes coa obrigatoriedade de cubrir a folla de inscrición e pasar pola ANPA ou enviar un email para ver a dispoñibilidade das mesmas ou apuntarse nas listas de espera. 

• As baixas deben ser comunicadas antes do día 20 do mes anterior á baixa, tendo que entregarnos o formulario de baixa.

• Se alguna actividade non chegara ao número mínimo de inscritos/as, podería quedar suspendida, estade atentos os avisos na web e no canle do telegram. Por outra banda, se se superase o número máximo crearíase unha lista de espera. 

• As actividades que teñan inscritos suficientes o día 26 de setembro poderían comezar en outubro. A forma de pago será comunicada polo monitor ó comezo da actividade.

• Algunhas das actividades poden precisar da compra adicional de materiais.

• Para poder inscribirse nas actividades é necesario ser socio da ANPA. Como facerse socio.

OS NENOS E NENAS QUE QUEDAN A COMEDOR VAN DIRECTAMENTE Á EXTRAESCOLAR.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará