
PREZOS:
• Pintura, Taller Musical, Happy English: 15€/mes
• Intelixencia Emocional: 16€/mes
• Multideporte: 1h/semana: 15€/mes; 2h/semana: 23€/mes
• Baile Galego: 1h/semana: 12€/mes; 2h/semana: 20€/mes
• Fútbol: 1h/semana: 7,50€/mes; 2h/semana:15€/mes
Para apuntarse, podedes pasar polo local da ANPA no noso horario ou enviar un email a anpamagnoliavilalaura@gmail.com, tamén podedes deixar a solicitude de extraescolares en calquera dos nosos buzóns.
Se temos solicitudes presenciais, atenderémolas antes que as que recollemos nos buzóns e, por ultimo, as que chegan por email.
IMPORTANTE:
- O 20 de Setembro comeza o prazo de inscrición nas Actividades Extraescolares.
- Dende Outubro ata final de curso as altas en extraescolares son do 21-26 de cada mes coa obrigatoriedade de cubrir a folla de inscrición e pasar pola ANPA ou enviar un email para ver a dispoñibilidade das mesmas ou apuntarse nas listas de espera.
- As baixas deben ser comunicadas antes do día 20 do mes anterior á baixa, tendo que entregarnos o formulario de baixa.
- Se alguna actividade non chegara ao número mínimo de inscritos/as, podería quedar suspendida ou revisarse o seu prezo. Por outra banda, se se superase o número máximo crearíase unha lista de espera.
- As actividades poderían verse afectadas ou incluso suspendidas por cambios no protocolo fronte ao Covid-19 (que pode cambiar ao longo do curso escolar)
- As actividades que teñan inscritos suficientes o día 26 de setembro poderían comezar en outubro. A forma de pago será comunicada polo monitor ó comezo da actividade.
- Algunhas das actividades poden precisar da compra adicional de materiais, como pode ser o caso de pintura.
- Para poder inscribirse nas actividades é necesario ser socio da ANPA. Como facerse socio.
OS NENOS E NENAS QUE QUEDAN A COMEDOR VAN DIRECTAMENTE Á EXTRAESCOLAR.