Grupo Anpa da Horta Escola

Compartimos con vós esta mensaxe da Asociación Amigos da Terra

En Amigos da Terra, entidade que está apoiar a horta escolar do centro, queremos promover a mellora do proxecto a través da participación das familias. No voso centro xa existe un grupo de familias voluntarias na horta e queremos apoialo!

Sabemos que este curso escolar é complicado, cheo de limitacións e incertezas, pero creemos que debemos seguir apostando, coas adaptacións necesarias, por proxectos educativos transformadores. Para axudarvos a participar, celebraremos no 2° e 3° trimestre, 2 pequenas sesións de formación e intercambio de experiencias online, dirixidas a grupos de familiares e ANPAS (2 xornadas de 2,5h cada unha), para crear ou fortalecer grupos de traballo de familias que enriquezan o proxecto de horta, coñecer os vosos intereses, e axudarvos a deseñar un pequeño plan de actividades adaptado ao voso centro. Ademais, vos achegaremos aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), unha axenda internacional para promover o coidado do medio ambiente, e que pode ser unha oportunidade magnífica para construír unha escola máis verde, a partir da horta.

formación será gratuítaonline e aberta a calquera familiar interesado en participar da horta (non é preciso que forme parte xa do grupo, estará aberto a novas incorporacións). O calendario e horarios serán fixados máis adiante en función das vosa dispoñibilidade. Esta formación servirá para introducirvos na materia e ver que podedes colaborar de moi diversos xeitos, dacordo cos dispoñibilidade de cada persoa. Poderedes contribuir ao proxecto planificando qué alimentos plantar, conseguindo materiais, deseñando novos espazos de cultivo ou botando unha man nas tarefas de mantemento. Ademais, estamos seguras de que moitas de vós, tedes experiencia previa en horta que sería de grande axuda para o proxecto!

✍️ Se queredes participar nesta formación ou no proxecto de horta do centro, escribide a Laura (Amigos da Terra): cooperacion@amigosdaterra.net / 986 229 089 / WhatsApp: 650896488

Agradecemos que poidades confirmarnos o voso interese antes do 30 de novembro, para poder avanzar na organización dos grupos.

Moitas grazas polo voso interese. Animádevos! !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *