
📱 O luns 20 de outubro, de 17:00 a 19:00h, teremos na biblioteca da EEI Vila Laura unha formación a cargo da FEMUPO (Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra) dentro do Plan Corresponsables: “TecnoCoidado: adiccións tecnolóxicas na infancia e adolescencia”.
Nela nos falarán de como acompañar ás crianzas no uso responsable das pantallas, das redes e dos videoxogos, e tamén de como detectar a tempo os sinais de dependencia dixital.
É unha actividade presencial e aberta a todas as familias, organizada pola ANPA Magnolia Vila Laura e a FEMUPO, co apoio da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade.
💜 Súmate ó plan e participa!