Boa tarde familias. Este é o cadrante de actividades extraescolares que se ofrecen este curso 2024-2025. Están o horario das mesmas e o precio. Recordade que son os monitores de cada actividade os que vos informarán do medio de pago. Como tódolos anos podedes apuntaros a unha actividade un mes e despois ó longo do curso podedes cambiar, sempre respetando os prazos, para darse de baixa antes do día 20 do mes en curso, e para novas altas do 21 ó 26 do mes en curso, deste xeito podemos xestionar coas empresas sen que pasen o recibo evitando trastornos innecesarios.
Asemade tamén hai que contar con que o comezo das actividades será o 1 de Outubro, sempre que se forme grupo.
Calquer dúbida podedes consultar con nós enviándonos un mail ou por telefono no 616008784 (mañans).
A continuación achego o formulario que tedes que cubrir para as inscricións e lembrade faceros socios da ANPA primeiro.