Familias, temos unha gran noticia!
Na ANPA Magnolia estamos moi emocionados de presentar a nosa Escola de Excelencia para as Familias!
Sabemos que a crianza pode ser un reto, pero tamén unha das experiencias máis gratificantes da vida.
É por iso que neste segundo e terceiro trimestre ofreceremos unha serie de seis obradoiros deseñados para tratar temas fundamentais na crianza actual. É unha actividade de balde dirixida a tódalas familias da escola.
Os obradoiros celebraranse en diferentes datas no Centro de psicoloxía e formación ALAR e serán impartidos pola da Dra. Iria Calleja, Psicóloga e Doutora en Educación.
O primeiro deles ten por título
“Trato cos nenos rabud@s . Mellorar o comportamento na primeira infancia de nais e pais.”
e terá lugar o sábado 8 de febreiro en horario de 11 a 13 h no Centro de psicoloxía Alar (Avda. Hispanidade 67, baixo).
Se o precisas podes acudir acompañado do teu peque , xa que disporemos dun obradoiro paralelo para eles mentres se desenrola a actividade.
As prazas son limitadas, así que non esperes máis! Envía un mail a anpamagnoliavilalaura@gmail.com co asunto “ESCOLA DE FAMILIAS 8 FEBREIRO” para anotarte e reservar a túa praza. Lembra indicar si virás con cativos ou non.
