Escola de familias · Disciplina positiva: establecer límites

O próximo xoves 11 de decembro, ás 16:30 h, terá lugar na escola unha formación sobre Disciplina Positiva, impartida por Patricia Canabal Rodríguez. Toda a información oficial da actividade está publicada na web do centro.

📌 Desde a ANPA Magnolia colaboramos nesta iniciativa asumindo a xestión das inscricións e a previsión de asistencia, co obxectivo de facilitar a organización.

✔️ Inscrición obrigatoria na web da ANPA
⚠️ Aforo limitado

Durante a charla disporase tamén dun servizo de conciliación para as crianzas, para favorecer a asistencia das familias interesadas.

Se queredes consultar os detalles completos da actividade, podedes facelo directamente na páxina do centro educativo.

Agradecemos a vosa participación!

ANPA Magnolia – EEI Vila Laura

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio