Documentación da Asemblea Xeral Ordinaria · 21 de setembro de 2026

ANPA MAGNOLIA · ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A documentación,
ao alcance de todas.

Reunimos nesta páxina os documentos que se presentarán na Asemblea Xeral Ordinaria para facilitar a súa consulta e a participación das familias.

Luns · 21 de setembro de 2026 16:05 h · 1ª convocatoria 16:35 h · 2ª convocatoria EEI Vila Laura

Documentación da asemblea

Podedes abrir os PDF para consultar os contidos antes da reunión ou durante a súa celebración.

01 Punto 1 da orde do día

Acta da asemblea anterior

Acta da sesión celebrada o 15 de xuño de 2026. Someterase a aprobación, se procede.

Consultar PDF ↗
02 Punto 2 da orde do día

Memoria de actividades 2025/26

Balance dos servizos, actividades, proxectos e actuacións desenvolvidas pola ANPA durante o curso anterior.

Consultar PDF ↗
03 Punto 3 · Pend. aprobación

Memoria económica 2025/26

Ingresos, gastos e resultado económico do curso 2025/26. Documento pendente de aprobación pola Asemblea Xeral.

Consultar PDF ↗
04 Punto 5 · Pend. aprobación

Orzamento previsional 2026/27

Previsión de ingresos e gastos para o novo curso, incluída a proposta de mellora do patio escolar.

Consultar PDF ↗
PUNTO 4 DA ORDE DO DÍA

Plan de actuación e actividades 2026/27

Na asemblea presentarase a proposta para o novo curso: servizos de conciliación, actividades, proxectos de mellora da escola e participación das familias. O plan someterase a aprobación, se procede.

A ANPA somos as familias.

Na asemblea tamén falaremos dos servizos e do funcionamento da ANPA, da situación dos recursos humanos da escola, da seguridade dos accesos e das posibilidades de colaboración e participación das familias.

Animámosvos a consultar a documentación, compartir propostas e participar nas decisións da asociación.

Familias que suman · Xuntas en Vila Laura

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio