Cada día os pais estamos máis concienciados de que todos os nenos teñen que facer algún deporte, é algo que lles beneficia, tanto a curto como a longo prazo, axúdalles a ter unha boa postura corporal, prevén a obesidade, fomenta os valores de compañeirismo e as habilidades sociais e fan que descarguen esa adrenalina que tanto lles sobra.
As administracións sábeno e para que as actividades deportivas estean ao alcance de todos nace DEPOrte Escolas un novo programa, totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia de Pontevedra.
Ofértanse en total 9 deportes: atletismo (marcha), baloncesto, balonmán, loita, judo, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.
Poderedes facer as inscripcións ata o 4 de outubro e consultar todo o procedemento en sede.depo.gal