📢 Comunicado ANPA Magnolia – EEI Vila Laura
Estimadas familias,
Queremos trasladarvos unha mensaxe de tranquilidade e ao mesmo tempo de responsabilidade compartida.

Esta semana o director reuniuse coa Inspección de Educación, onde se recoñeceu que a praza docente que falta no noso centro nos corresponde por currículo. A dirección vai volver reclamar a súa cobertura, e dende a Consellería comprométense a enviar á mestra que precisamos.
O principal punto pendente son os prazos. O máis necesario sería que a incorporación se producise o 1 ou 2 de setembro, para que a nova docente poida coñecer o colexio, preparar a aula, reunirse coas novas familias e sobre todo que os nenos e nenas coñezan a súa mestra. Isto non está garantido, pero en todo caso queremos deixar claro que os peques terán atención dende o primeiro día.
Se a nova mestra tarda uns días máis en incorporarse, serán os profesores Iria e Alberto quen asuman o rol de co-tutores, facendo as entrevistas, acompañando ás familias e servindo de figuras de referencia na aula. A única consecuencia é que, mentres tanto, teremos un docente de apoio menos, pois esa persoa estará asumindo funcións de titoría.
🔑 É importante remarcar dúas ideas:
1. Tranquilidade: os nosos fillos e fillas non van quedar sen atención nin sen referente.
2. Reivindicación: temos que seguir reclamando, non só para que se resolva este caso, senón para que situacións así non se repitan nin no noso centro nin en ningunha escola pública.
A forza está na unidade de todas as familias. Grazas polo voso apoio e confianza 💜.
ANPA Magnolia – EEI Vila Laura