Participa

Como presentar a túa reclamación

A ANPA Magnolia xa presentou unha reclamación formal ante Educación pola falta de cobertura de varios recursos humanos na EEI Vila Laura. Agora as familias tamén poden facer chegar directamente á Administración a súa preocupación.

Non queremos que todas as reclamacións sexan idénticas nin que as familias teñan que copiar un escrito pechado.

A reclamación de cada familia pode ser breve e estar escrita coas súas propias palabras. O importante é explicar por que preocupa a situación e solicitar que Educación adopte medidas.

Cada reclamación individual súmase á presentada pola ANPA e axuda a deixar constancia administrativa de que a situación preocupa á comunidade educativa.
Paso 1

Accede á solicitude xenérica PR004A

A reclamación pode presentarse a través da solicitude electrónica xenérica PR004A da Xunta de Galicia.

Procedemento: PR004A · Solicitude electrónica xenérica
Paso 2

Dirixe a solicitude a Educación

No destinatario, selecciona Educación e o Departamento Territorial de Pontevedra.

Destinatario Consellería de Educación
Departamento Territorial de Pontevedra
Para o Servizo Territorial de Inspección Educativa
Paso 3

Indica claramente o asunto

Reclamación pola insuficiencia de recursos humanos na EEI Vila Laura
Paso 4

Explica por que reclamas

No apartado EXPÓN, conta a situación desde a túa condición de nai, pai ou titor/a do centro.

Non é necesario incluír todo. Podes mencionar aquilo que máis che preocupe.

  • Que unha das profesoras de apoio de Infantil se xubilou e, segundo trasladou a dirección, desde Inspección consideran improbable cubrir esa praza.
  • Que a persoa auxiliar coidadora que tiña praza no centro tamén se xubilou e aínda non se incorporou substitución.
  • Que o servizo de Orientación está actualmente sen cubrir.
  • Que Vila Laura conta con 10 aulas e actualmente só dispón de 2 apoios.
  • Que che preocupa que a falta xeral de persoal poida acabar reducindo a atención específica do profesorado de PT e AL ao alumnado que precisa eses apoios.
  • Que a falta de persoal deixa moi pouca marxe para gardas, substitucións e o funcionamento ordinario do centro.
Exemplo orientativo Son nai/pai de alumnado escolarizado na EEI Vila Laura e preocúpame que o curso comezase con varios recursos humanos sen cubrir. Considero especialmente preocupante que a falta xeral de persoal poida acabar afectando aos apoios destinados ao alumnado que precisa atención específica. Por este motivo quero deixar constancia da miña preocupación e solicitar que Educación revise con urxencia a dotación do centro.
Paso 5

Indica que solución solicitas

No apartado SOLICITA, pide que a Administración revise a situación e adopte as medidas necesarias.

Podes solicitar, por exemplo:

  • Que se revise con carácter urxente a dotación real de persoal da EEI Vila Laura.
  • Que se cubra a dotación de profesorado de apoio de Educación Infantil que corresponda ao centro.
  • Que se garanta a incorporación do persoal auxiliar coidador necesario.
  • Que se garanta a cobertura efectiva do servizo de Orientación.
  • Que o profesorado de PT e AL poida manter as funcións específicas para as que está destinado.
  • Que a falta xeral de persoal non reduza a atención educativa ao alumnado.
Exemplo orientativo Solicito que se revise con carácter urxente a dotación de persoal da EEI Vila Laura, que se cubran os recursos que correspondan ao centro e que se garanta que a falta xeral de persoal non reduza os apoios educativos destinados ao alumnado.

Cada reclamación conta

Se podes, presenta a túa reclamación canto antes.

Non é necesario achegar a reclamación da ANPA nin enviarnos ningún xustificante.

Acceder á solicitude PR004A
Familias que suman

Xa presentaches a túa reclamación?

Se xa a presentaches, indícanolo aquí para que poidamos levar unha conta aproximada das familias que participaron.

Non che pediremos nome, correo electrónico nin xustificante.

Xa presentaches a reclamación?
47
familias comunicaron que xa presentaron a súa reclamación
Cada reclamación conta.

O contador recolle as comunicacións feitas polas familias á ANPA e ten carácter orientativo.

Os recursos que lle corresponden ao centro teñen que estar no centro. XA.

Vila Laura non pode funcionar a mínimos.
Familias que suman · Xuntas en Vila Laura

1 comentario sobre “Como presentar unha reclamación polos recursos de Vila Laura”

  1. Pingback: Vila Laura non pode esperar – ANPA MAGNOLIA VILA LAURA

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio