A A.N.P.A. Magnolia xunto coa dirección da E.E.I. VILALAURA organiza o XOVES 9 DE NOVEMBRO A FESTA DO MAGOSTO para tódolos nenos e nenas da escola.
Virá o CASTAÑEIRO para que @s nos@s peques vexan como se preparan e proben as CASTAÑAS ASADAS QUENTIÑAS e poidan vivir unha das tradicións máis enxebres do noso pobo.
Precisamos da vosa colaboración achegando á escola un puñado de castañas cun corte, poderedes deixalas nos “BUZÓNS/CASTAÑA” que atoparedes nas portas de entrada: principal, planta baixa, porta interior do patio durante os días 6, 7 e 8 DE NOVEMBRO
Grazas pola vosa colaboracion