Aprazamos a concentración do venres 30 de outubro en sinal de respecto ás vítimas da traxedia ferroviaria de Toledo e ás súas familias.
Desde a ANPA Magnolia decidimos aprazar a nosa xa tradicional cazolada dos venres, coincidindo cos tres días de loito oficial decretados.
Levamos semanas saíndo á porta da nosa escola para reclamar a incorporación da mestra que falta desde o inicio do curso. E seguiremos facéndoo mentres Vila Laura non conte cos recursos docentes que lle corresponden.
Este aprazamento non significa que a nosa reivindicación perda forza. Significa que, mesmo nos momentos de maior indignación, sabemos que hai circunstancias que merecen todo o noso respecto.
A festa de Samaín da tarde mantense
A celebración infantil organizada pola ANPA para a tarde do venres mantense segundo o previsto. As nosas crianzas poderán gozar dunha tarde de disfraces e merenda compartida, preparada con ilusión polas familias.
Desde Vila Laura enviamos todo o noso agarimo e solidariedade ás vítimas, ás súas familias e a todas as persoas afectadas por esta traxedia.
